top of page

A Oficina

SERVIZOS
Promover estudos sobre as situacións de xénero na UDC.
 
Amparar a introdución da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento, fomentando a formación e investigación en temas de xénero.
 
Desenvolver actividades de difusión, sensibilización e extensión acerca da igualdade de xénero.
 
Impulsar accións que garantan condicións igualitarias para o acceso e promoción de mulleres e homes na actividade docente, investigadora, laboral e representativa da UDC.
 
Colaborar coas administracións e institucións galegas, estatais e internacionais na consecución da igualdade de xénero.
 
Coñecer, informar e no seu caso mediar nos posibles conflitos por discriminación por razón de xénero na actividade académica e laboral da UDC.
 
Servir como observatorio de situacións de xénero na UDC.

A Oficina para a Igualdade de Xénero

 

A creación da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), arestora adscrita á Vicerreitoría de Ferrol e Responsabilidade Social foi aprobada na sesión do Consello de Goberno do 14 de decembro de 2006 e a OIX leva en funcionamento desde o día 10 de marzo de 2007. A UDC adiantouse á obriga imposta pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que introduce na Lei orgánica de universidades (LOU) unha disposición adicional duodécima na cal, baixo a rúbrica “Unidades de igualdade”, se sinala que “As universidades contarán entre as súas estruturas de organización con unidades de igualdade para o desenvolvemento das funcións relacionadas co principio de igualdade entre mulleres e homes”

 

 

Cal é a nosa misión?

A Oficina para a Igualdade de Xénero ten como misión velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de acadar a plena incorporación das mulleres a vida política, cultura e científica no seo da UDC.

 

 

Cal é a nosa visión?

O noso fin último é lograr unha actividade docente e discente, investigadora e laboral máis igualitaria, e que impida calquera manifestación de discriminación por razón de xénero que poida aparecer tanto na UDC como no seu contorno social e cultural.

A elaboración do material gráfico da exposición Mulleres nas Bibliotecas da UDC ed. 2014  recollido nesta web:

 
Alba Queija Pérez
Alexandra Vilas Figueiras

 

Bolseiras da Oficina para a Igualdade de Xénero 2013-2014.

 

Colaboración

2014

2013

A elaboración do material gráfico da exposición Mulleres nas Bibliotecas da UDC ed. 2013  recollido nesta web:

 

Diego Rodríguez Fernández
 

Bolseiro da Oficina para a Igualdade de Xénero 2012-2013.

Creación e deseño da páxina web:
Alba Queija Pérez
2014

Alba Queija Pérez

Alexandra Vilas Figueiras

Diego Rodríguez Fernámdez

bottom of page